martes, 29 de octubre de 2013

"Supersticións"

San Martiño de Dumio (ou de Braga), no século VI escribiu un libro "De correctione rusticorum" no que critica as supersticións que daquela observaban os seus feligreses. Leede o texto e respondede a estas cuestións...


Pois encender velas xunto ás pedras, ás arbres, as fontes e as
encrucilladas, ¿qué é senón culto ó diaño?. Os actos de adeviñación,e os augurios, e celebrar o día dos ídolos, ¿qué é senón culto ó diaño?. Festexar as Vulcanais, as Calendas, adorna-las mesas e poñer ramas de loureiro, prestar atención ó pé que se usa, derramar gran e viño no lume sobre un tronco e poñer pan nas fontes, ¿qué é senón culto ó diaño?. Que as mulleres invoquen a Minerva mentras tecen, que escollan o día de Venus para as súas bodas e que presten atención ó día no que se poñen en camiño, ¿qué é senón culto ó diaño?. E outras moitas cousas que son longas de contar...
San Martiño de Dumio:De correctione rusticorum
 

miércoles, 16 de octubre de 2013

Xenealoxía dos Deuses Olímpicos


“Nun principio existiu o Caos, despois Gea, de ancho peito, morada segura de todos os inmortais que habitan os cumes do nevado Olimpo ... De Gea naceu Úrano estrelado ....Máis tarde deu a luz a Océano, froito da súa unión con Úrano. Despois naceu Crono ...
Rea, sometida a Crono, tivo fillos gloriosos: Hestia; Deméter; Hera, -a das áureas sandalias-; o poderoso Hades, que mora nas mansións subterráneas cun corazón implacable; o estrondoso Posidón, e o próvido Zeus, pai dos deuses e dos homes, que co seu trono estremece a ampla Terra.
Zeus subiu ó leito de Deméter, nutricia de moitos, a cal pariu a Perséfone de brancos brazos ...
Leto, despois da súa unión con Zeus tivo a Apolo e a Ártemis, os descendentes máis desexables da linaxe de Úrano.
Por último, Zeus tomou por esposa á engreída Hera. Ela deu a luz ... a Ares ... , froito da súa unión có rei dos deuses e dos homes.
Zeus, da súa cabeza, fizo sair a Atenea, a dos ollos de curuxa, terrible, belicosa, conductora de exércitos, invencible, venerable, a quen agradan os tumultos, as guerras e as batallas.
Hera deu a luz ó ínclito Hefesto, sen contacto carnal, porque estaba irritada e enfadada contra o seu esposo ...
A atlántida Maya, despois de compartir con Zeus o seu sagrado leito, deulle un fillo glorioso, Hermes, o heraldo dos inmortais.
Sémele, filla de Cadmo, despois de unirse a Zeus por amor deu a luz ó ilustre Dioniso, o alegre deus inmortal, fillo dunha mortal”. 

                            HESÍODO, Teogonía, 116-942

Ademáis podemos citar a Afrodita que, segundo unhas versións, foi filla de Zeus e Dione e, segundo outras, naceu da escuma do mar, ó caer nel os xenitais de Úrano cando foi castrado e destronado polo seu fillo Crono.

Tamén había unha serie de divinidades menores, como Asclepio (Esculapio), as musas, os sátiros, as ninfas, etc... e los heroes como Héracles, Aquiles, Orfeo, etc.


Se queremos practicar sobre a historia dos deuses gergos e romanos, entrade nesta páxina.

Imos facer no noso blog unha árbore xenealóxica dos deusos do Olimpo. Se non sabes o que é unha árbore xenealóxica entrade nesta páxina. Para eso usaremos algún programa de internet como: genoom, my heritage, bubbl.us ou simplemente powerpoint. Tamén podedes facelo a man e logo escanealo...

lunes, 14 de octubre de 2013

A estructura dunha polis grega

A polis en Grecia non é so unha cidade, é máis ben o que se deu en chamar unha cidade-stado, xa que ten un goberno completamente independente do das outras polis. Ademáis unha polis non só é o recinto urbano, senón que tamén engloba un amplo territorio circundante.
A estructura da polis é sempre a mesma a grandes rasgos, tendo dous espazos principais que son a agora e a acrópolis:
  • Agora. Espazo aberto onde se atopaban os edificios públicos máis importantes, e ó mesmo tempo era o lugar onde os cidadáns se reunirían para debatir e conversar.
  • Acrópolis. É o recinto sagrado e normalmente se atopaba na parte elevada da cidade.

ATENAS.


As cidades gregas máis modernas tiñan unha estructura regular de tipo ortogonal, na que as rúas se cruzaban creando o característico plano en cuadrícula. Este plano parece que foi debido ó arquitecto Hipodamo de Mileto polo que as veces recibe deste o nome de plano hipodámico.
Hipodamo traballou na reconstrucción do porto de Atenas el Pireo e logo no deseño de cidades como Mileto, Priene ou Alejandría. Este plano será usado con posterioridade polos romanos e será o preferido polo urbanismo actual.

Plano de El Pireo debido a Hipodamo de Mileto. 



Despois de ler esta información, realizade esta actividade...